
A D.O. Monterrei sumábase á iniciativa ‘Vinos y Viños. Tegueste y Galicia se encuentran’, impulsada polo concello da Vila de Tegueste e a Asociación Vitivinícola de Tegueste (AVITE). Dita iniciativa, enmarcada dentro do Mercadillo do Agricultor, buscaba mostrar a excelencia do produto de Monterrei, así como o das adegas locais, e das denominacións de Arona, Valle de Güímar, as catro restantes galegas, e de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
Este evento no que ademais dos viños de Monterrei estivo presente persoal do Consello Regulador, permitiu compartir coñecementos e experiencias entre territorios con identidade vitivinícola propia, á vez que se contribuíu á dinamización económica local e á promoción dos produtos do sector agroalimentario.

A mesma contaba coa colaboración do Gobierno de Canarias, a través do Instituto Canario de Calidade Agroalimentaria (ICCA) e GMR Canarias, por medio de Volcanic Xperience.
