EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Monterrei súmase á celebración do Día Mundial do Enoturismo

Cedida.

 

Con motivo da celebración do Día Mundial do Enoturismo, a Denominación de Orixe Monterrei, en colaboración coa Ruta do Viño Monterrei, ten programada unha cata con Mercedes González, catadora, docente e membro de paneis de cata nacionais e internacionais.

Esta iniciativa que se realizará na sede do Consello Regulador permitirá coñecer diferentes viños da denominación, as súas singularidades e que os fai diferentes aos doutras rexións vitivinícolas. A mesma terá lugar o domingo 9 de novembro, ás 11.30 horas, e para participar será necesario inscribirse previamente en info@domonterrei.com, xa que as prazas son limitadas.

O Día Mundial do Enoturismo é unha celebración promovida pola Rede Europea de Cidades do Viño (RECEVIN), que ten lugar todos os anos o segundo domingo do mes novembro, e que se realiza para potenciar o turismo do viño, así como promocionar e destacar a importancia das rexións vitivinícolas desde o punto de vista económico e cultural.

A ela súmanse numerosas entidades, como a de Monterrei, que programan actividades tan diversas como concertos, catas de viño, conferencias ou roteiros, entre outras.

Back to top button