OurenseÚltima hora

A D.O. Ribeiro entrega o cheque solidario co recadado no ciclo “Cata a Arte”

 

O C.R.D.O. Ribeiro xunto co Centro Cultural Marcos Valcárcel, uníronse a favor da asociación sen ánimo de lucro Alcer Ourense, Asociación para la Lucha contra las Enfermedades Renales, a través da novena edición do ciclo “Cata a Arte”. Unha serie de catas benéficas que tiveron lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel durante os xoves do mes de novembro e cuxa recadación se dirixiu integramente a Alcer.

Fíxose entrega nun sinxelo acto ao presidente da asociación, Miguel Ángel Quintas, da doazón do recadado (749,92€) durante as cinco catas celebradas a finais do ano pasado, onde os asistentes ofrecían un donativo. O evento tivo lugar esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense) e contouse coa presenza do presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Casares Gándara e o director do Centro Cultural, Francisco González Bouzán.

 

 

Alcer Ourense

É organización de carácter social e sen ánimo de lucro que ten como finalidade mellorar a calidade de vida de todas aquelas persoas afectadas por enfermidades renais e os seus familiares; desenvolvendo distintas actividades enfocadas á prevención e a loita contra as enfermidades que afectan ao ril, así como á doazón de órganos; tamén ofrecen servizos de interese como son os de traballo social, nutrición ou psicoloxía. A asociación está composta por persoas con enfermidade renal crónica en tratamento de diálese, con trasplante de ril, familiares, así como persoas sensibilizadas con este tipo de enfermidades e a súa problemática.

Artigos relacionados

Back to top button