
O C.R.D.O. Ribeiro volve de participar por terceira vez consecutiva na feira especializada de viños Barcelona Wine Week, que este ano celebrou a súa sexta edición. Celebrouse no recinto Montjuïc de Fira de Barcelona do 2 ao 4 de febreiro e o Consello Regulador participou baixo o amparo da AGACAL (Xunta de Galicia). As decenas de miles de visitantes expertos no sector vinícola que acudiron a este evento puideron penetrarse na D.Ou. Ribeiro a través dun completo túnel de cata con 31 marcas de viño, 28 brancos e tres tintos, e as casetas presenciais de oito adegas baixo o paraugas da Denominación, así como unha ducia máis, repartidas por todo o espazo feiral, que constaba de dous pavillóns destinados ao desenvolvemento da feira.
A Denominación de Orixe máis antiga de Galicia mostrouse aos profesionais do sector vinícola asistentes a través dunha caseta con zona de cata con 31 referencias entre brancos e tintos:
A Telleira Mencía, A Telleira Parcelas, A Vilerma, Alberte Treixadura, Anxo Martín, Armán Finca Misenhora, Big Bang, Casal de Armán, Colección 68, Costeira Treixadura, Coto de Gomariz, Cunqueiro III Milenium, Cunqueiro Centenario, Eduardo Bravo, Eduardo Peña, El Patito Feo Lías, Gran Alanís, Gran Alanís Castes Brancas, La Viñoa, Napedra, Ramón do Casar Treixadura, Ramón do Casar Varietal, Renacido, Sanclodio, Saramusa Treixadura, Superhéroe, Terra Minei, Terras do Castelo, Tolemia, Torre do Olivar Expresión, e Village.
A D.O. Ribeiro continúa fidelizando o ámbito internacional (sen esquecer o nacional) grazas á participación neste importante evento, que “nas súas seis edicións está a posicionarse, sen dúbida, nunha das tres feiras do viño máis relevantes de Europa”, segundo comentan desde a organización.
A presidenta do Consello Regulador, Concha Iglesias Pousa comenta que “repetimos a nosa participación nesta feira, porque cremos na súa aposta por ser o referente vitivinícola tanto a nivel internacional como nacional e queremos afianzarnos nestes mercados como un viño de altísima calidade. Os profesionais que visitaron ao Ribeiro puideron catar máis de 150 viños de diferentes colleitas (2025, 2024, 2023 e 2022) entre o túnel e as múltiples adegas representadas con caseta propia, podendo percibir neles a complexidade e elegancia dos viños elaborados con uvas autóctonas, como a Treixadura, Albariño, Godello, Loureira ou Lado en viños brancos, Caíño Longo, Sousón, Brancellao, Mencía ou Ferrón en tintos, así como moitos apreciaron o alto potencial de envellecemento en botella de moitas das marcas presentadas.
Importadores, distribuidores, vinotecas, restaurantes, catadores, catadores, influencers, medios de comunicación, e mesmo algún Master of Wine, de países como Suecia, Países Baixos, Canadá, Alemaña, Suíza, Bélxica, Corea do Sur, Malta, EEUU, Dinamarca, entre outros, achegáronse ao noso túnel de viños para probar e coñecer de primeira man os viños procedentes de viñedos traballados manualmente por aplicados viticultores e elaborados con dedicación polas adegas desta Denominación de Orixe”.
