EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeiro mergúllase en Alacante

Representantes do Consello Regulador han presentado 13 viños ao sector profesional alacantino, que se volcou na exitosa convocatoria da UEC

 

O xoves hotel Hospes Amérigo de Alacante convertíase en escenario da primeira edición do Salón das Medallas UEC en Alacante, onde o C.R.D.O. Ribeiro, cunha caseta propia e unha representación de 13 etiquetas da denominación de orixe máis antiga de Galicia, mostrou os seus viños premiados con “Gran Ouro” e “Ouro”, galardóns recibidos nos dous concursos vinícolas nacionais de maior prestixio Bacchus e Premios Baco.

A presidenta do C.R.D.O. Ribeiro, Concha Iglesias, en relación á participación neste evento sinala que “participamos neste especial salón organizado pola Unión Española de Catadores (UEC) co obxectivo principal de potenciar a visibilidade dos nosos viños neste mercado; e o éxito reside na autenticidade e diferenciación dos viños que actualmente se elaboran nesta Denominación de Orixe, características moi apreciadas por un numeroso público profesional”.

 

 

Catadores, profesionais da hostalería e distribución, comunicadores e amantes do viño son os perfís de visitantes recibidos durante a xornada, onde valoraron a singularidade dos chans, a fidelidade a unha paisaxe, a mestura de variedades autóctonas, así como a tradición dos nosos antepasados aderezada coas modernas prácticas e moita paixón persoal.

A Telleira Godello, Canción de Elisa, Colección 68, Cordón de Santo André, Coto de Gomariz, Cunqueiro III Milenium, Eduardo Bravo, Eduardo Peña, Gotas de Mar F.B., María Meréns Godello, Ramón do Casar Treixadura, Torre do Olivar Expresión e Tear dos Dodi son as 13 marcas da colleita 2024 que se presentaron en Alacante para que esta cidade puidese saborear por un día unha gran representación de viños monovarietais, algúns elaborados con sabias mesturas de variedades autóctonas e outros creados con elaboracións máis especiais.

Back to top button