
O 5 de agosto publicábase no perfil do contratante do Concello do Barco de Valdeorras o anuncio de licitación para a adxudicación da explotación de catro barras de bar durante a celebración das Festas do Cristo 2025, coincidindo cos concertos e actuacións das orquestras os días 12, 13, 14 e 15 de setembro de 2025.
O concurso divídese en catro lotes:
LOTE 1: BARRA 1 de 5×3
LOTE 2: BARRA 2 de 5×3
LOTE 3: BARRA 3 de 5×3
LOTE 4: BARRA 4 de 5×3
O canon mínimo, que servirá como tipo de licitación, establécese en 1.250 euros para cada unha das barras. A data de presentación de ofertas finaliza o 12 de agosto ás 23:59:59.
As ofertas presentaranse exclusivamente por medios electrónicos, a través da plataforma de licitación electrónica do Concello do Barco, no seguinte enlace:
https://mercurio.altia.es/SLE_Internet/?entidad=P3201000A&tipoAcceso=normal&clId=049.
Para máis información, os interesados poden consultar o perfil de contratante do Barco de Valdeorras, aloxado na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia (PcPG), no seguinte enlace: https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&N=204&ID=800