DeportesÚltima hora

A delegación española no mundial universitario de cross curto, con Inés Docampo, segunda por equipos

A valdeorresa Inés Docampo, no mundial./ Foto: FGA.

Unha vez máis a atleta valdeorresa Inés Docampo Gamarra (Club Adas Cupa do Barco) vén de demostrar o seu talento. Desta volta era nunha competición internacional, o Campionato do Mundo Universitario de cross, que se está a desenvolver nesta fin de semana na cidade italiana de Cassino.

Na competición de cross curto a valdeorresa era a segunda mellor española da carreira e sitúabase no posto 19. Ademais, tal e como destaca a Federación Galega de Atletismo, co seu posto contribuía a que España lograse o subcampionato do mundo por equipos nesta competición.

 

Back to top button