O son dos mallos resoa na praza de Tremiñá (O Barco). O ritmo dos malladores, organizados por quendas, marca a recta final dun intenso e animado Mercado Medieval, que ao longo da fin de semana enchía de festa, teatro, xogos, gastronomía e artesanía esta zona barquense. Numerosas persoas congregábanse xunto á ponte sobre o Mariñán para presenciar esta exhibición que se iniciaba ás oito tarde deste domingo 14 de xullo e coa que se completaba o programa desta 16ª edición do mercado.
Nesta xornada tamén soaba a música dos Charangaiteiros, ao mediodía, e xa arredor das sete era a agrupación Abertal quen enchía de sons tradicionais a feira, como limiar, da demostración tradicional de malla.
Ao longo da fin de semana podían visitarse medio cento de postos de produtos moi diversos e tamén a singular taberna medieval do Alambique.
Tamén nesta parte final do mercado rendíaselle unha homenaxe a Modesto, un veciño que abría sempre a súa adega nesta celebración. A súa filla Marga e a súa neta Marga recibían, de mans da organización, un emotivo recordatorio. Modesto tiña dous fillos, Marga e Modesto, e dúas netas: Sandra e Marta.
Fotos: O SIL
Vídeos: O SIL e cedido.
https://youtube.com/shorts/vwl2tb6nCwA?feature=share