CulturaCulturaÚltima hora

A Deputación aproba o I Plan de Lectura provincial, dotado con 350.000€ para a compra de libros destinados a menores de idade

 

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense.

 

A Xunta de Goberno desta semana da Deputación de Ourense mobilizou un total de 1.580.947,82 euros en axudas destinadas á cooperación con municipios (743.969,47 euros) da provincia e diferentes entidades (486.978,35 euros).

Ademáis, na mesma sesión aprobáronse as bases do I Plan de Lectura Provincial, dotado con 350.000 euros destinados á compra de libros e cuxos beneficiarios serán as persoas empadroadas na provincia menores de idade (nacidas desde o ano 2007). Cúmprese así un acordo plenario do pleno de abril deste ano.

Segundo as bases aprobadas esta mañá, as adquisicións de libros realizarase entre o 15 de outubro e o 20 de decembro. Haberá unha listaxe de establecementos adheridos a este plan de lectura que será debidamente publicada, unha vez que presenten solicitude de que queren participar entre o 25 de setembro e o 10 de outubro.

No que respecta ás axudas aos concellos, esta semana concedéronse 743.960,47 euros para diferentes obras (case todas son para mellora de viais, camiños e rúas) e servizos nos municipios de Vilamarín, A Veiga, Ribadavia, A Pobra de Trives, Petín, Pereiro de Aguiar, Esgos, Boborás, Beade e Os Blancos.

No que atinxe á colaboración con entidades sen ánimo de lucro para proxectos de carácter social para o este ano, a Xunta de Goberno resolveu o concurso para a concesión destas subvencións, cifradas en prácticamente 350.000 euros (exactamente, 349.978,35 euros).

 

Back to top button