ConcellosGalerías de fotosOurenseÚltima hora

A Deputación celebra o 33º aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia

O Centro Cultural da Deputación acollía o 6 de abril un acto conmemorativo no que se entregaron os Premios do I Concurso escolar adicado á esta norma galega

“Pluralismo, concordia e democracia son as tres principais trazas de identidade do Estatuto para Galicia, tres argumentos, tres razóns de ser de noso pobo galego, que, por riba de calquera outro interese, temos todos a obriga de defender e respectar, amparados por esta norma de convivencia que hoxe, como en 1981, sigue sendo un referente para o noso pobo”. Así o sinalaba o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no decurso do acto promovido por esta entidade provincial o 6 de abril para celebrar o 33º aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Nesta conmemoración, que tivo como marco o Centro Cultural Marcos Valcarcel en Ourense, foron entregados os galardóns do I Concurso escolar organizado para homenaxear á norma institucional básica galega. Baltar díxolles aos nenos premiados e aos profesores e directores dos colexios participantes que esta é “unha edición singular deste premio por ser a primeira de moitas que virán, porque temos celebrar este día cos máis novos posto que eles son a sementeira dos valores de futuro da nosa terra”.

A Deputación de Ourense quere con este evento, segundo indicaba o seu presidente na súa clausura, “destacar a importancia e máxima vixencia da Norma Institucional Básica de Galicia, pois o noso estatuto é un modelo que trouxo importantes conquistas en materia de autogoberno e que permite que o pobo galego siga progresando a prol do seu benestar, dentro do marco no que todos temos a obriga de estar que non é outro que a cívica convivencia”.

Neste acto estiveron tamén presentes o conselleiro de Educación,Cultura e Educación Universitaria, Xesús Vázquez, e o delegado do
goberno en Ourense, Roberto Castro, entre outras autoridades.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button