OurenseÚltima hora

A Deputación coordina coa empresa adxudicataria do Balneario de Berán os traballos previos para a súa posta en marcha

Reunión Luis Menor Pérez (Presidente da Deputación Ourense) con Francisco Fernández Pérez (Alcalde de Leiro), acompañado de Avelino Carballal Sanmarful (Presidente da entidade menor de Berán) e Pablo Fernández Casares (Adxudicatario do Balneario de Berán). 

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo hoxe no Pazo Provincial unha reunión de traballo co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández; e co presidente da entidade local menor de Berán, Avelino Carballal, para facer seguimento dos trámites e labores previos á posta en servizo desta infraestrutura.

O encontro permitiu avanzar na coordinación das actuacións de adecuación que serán necesarias levar a cabo para a súa posta en marcha. Para elo, acordaron realizar unha visita ao balneario para supervisar sobre o terreo cales son as actuacións requiridas.

As administracións implicadas e a concesionaria continuarán os traballos de coordinación técnica, informándose oportunamente da apertura do servizo unha vez culminadas as fases preparatorias.

Back to top button