DeportesÚltima hora

A Deputación de Ourense colaborará co proxecto de mellora do campo de fútbol de Viana

Ademais de neste proxecto, Luis Menor comprometeuse a cooperar na creación do Centro de Día do municipio vianés

 

A Deputación de Ourense colaborará este ano co proxecto de mellora do campo de fútbol de Viana do Bolo no que se instalará céspede artificial. Así o ratificou esta mañá o presidente da Deputación, Luis Menor, tralo encontro mantido no Pazo Provincial, co alcalde de Viana do Bolo, Andrés Montesinos.

Tal e como anunciou Luis Menor, “este proxecto formará parte do Plan de Infraestruturas Deportivas que proximamente asinaremos coa Xunta de Galicia e que permitirá mellorar instalacións deportivas coma esta, tan importantes para os concellos e os clubs da nosa provincia”.

Durante a xuntanza, o presidente provincial comprometeuse a colaborar con outro dos proxectos estratéxicos que demanda o Concello de Viana do Bolo como é a creación dun Centro de Día “para dotar deste servizo tan necesario á veciñanza”, sinalou Menor. Por último, a Deputación estudará a posibilidade de repoñer o servizo de recadación neste Concello e continuará traballando no mantemento e mellora das estradas provincias que atravesan este municipio.

Artigos relacionados

Back to top button