EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Deputación de Ourense continúa na aposta polo enoturismo con apoios á Ruta do Viño de Valdeorras

 

Cunha reunión con representantes da Ruta do Viño de Valdeorras concluía a visita que esta mañá realizaba a Valdeorras o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor. Na xuntanza, participaban, ademais o presidente provincial, o presidente da entidade, Marcos Prada; a vicepresidenta Montse Rodríguez e a xerente, Cristina Núñez.

No decurso do encontro Menor lembraba o apoio da Deputación de Ourense, a través de Inorde, a esta asociación, tendo en conta que “a viticultura é parte da identidade do noso territorio”, e falábase de colaboración en proxectos vinculados coa posta en valor do patrimonio vitivinícol, como son as covas e de novos itinerarios enogastronómicos para promover ese turismo sostible e ligado á paisaxe de viñedos e terrazas.

“Máis aló destas axudas, a Deputación quere alianzas estratéxicas con sectores esenciais da comarca como é o vitivinícola e o da lousa, pero ademais, cada hectárea de viñedo supón emprego, implica que se coide a paisaxe, que se fixe poboación e tamén proxectar a provincia de Ourense fóra das súas fronteiras, e concretamente a comarca de Valdeorras, onde o godello é o rei, é un dos grnades embaixadores de Ourense. Á deputación correspóndelle poñer eses recursos para que proxectos sólidos e de cooperación saian adiante”, comentaba Menor.

Así mesmo, na xuntanza mantida, o presidente da Deputación precisaba que “pasamos desas boas intencións, de detectar esas posibilidades, a accións concretas que se van levar a cabo nesa Ruta do Viño e imos incrementar esa colaboración porque o eixito e o retorno das accións é moi importante. Entón hai acordos concretos para potenciar un sector estratéxico como é o vitivinícola e oncremtamente ese produto estrela que hoxe é o godello”.

Back to top button