OurenseÚltima hora

A Deputación de Ourense destinará 43.766,64 euros ao Concello da Veiga, dos que 40.000 serán para o GES

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense desta semana, na súa sesión ordinaria, vén de mobilizar un total de 71.766,64 euros en axudas para entidades culturais e municipios da provincia.

Así, os concellos de A Veiga e Vilar de Barrio recibirán 43.766,64 euros, dos que 40.000 euros son para gastos de funcionamento do GES de A Veiga e 3.766,64 euros para arranxos do Plan Camiña Rural nos camiños Cancillos, alto da Serra e O Castro.

No que atinxe ás entidades beneficiarias de axudas esta semana son o Museo do Pobo Galego (18.000 euros) e a Real Academia Galega das Belas Artes (10.000 euros), ambas achegas para para gastos de funcionamento.

Back to top button