En portadaÚltima hora

A Deputación de Ourense reforza a súa colaboración co Barco CCA

 

No marco da xornada de traballo que o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, desenvolvía esta mañá en Valdeorras, na sede comarcal da entidade provincial na Casa Grande de Viloira (O Barco), mantiña unha reunión con representantes do Barco Centro Comercial Aberto (CCA).

Á xuntanza acudían o presidente da asociación, Jacobo Arias, ademais do presidente provincial e a deputada por Valdeorras, María Carmen González. Despois do encontro, Luis Menor valoraba positivamente o encontro, lembrando a colaboración que se mantén dende o 2024 co CCA, unha entidade “cun cento de asociados e que traballa na dinámica de mellorar o comercio de proxmidade e ese espazo de comercio, hostalaría e lecer na vila ademais de promover a unión entre o sector, a través de diversos proxectos”. Tamén incidía que “o comercio local e a hostalaría son pezas clave para o desenvolvemento do territorio”

O presidente da Deputación sinalaba que durante a xuntanza o CCA expoñíalle novas propostas a desenvolver e tamén se facía balance da actividade desenvolvida no 2025, poñendo especial énfase na relevancia da pasarela de moda. “Este ano imos continuar por esa vía de colaboración, incrementando un pouco máis ese apoio, xa que o resultado do ano pasado foi moi bo e reflexa a utilidade desta colaboración co CCA, que promove o comercio de proximidade e axuda a máis dun cento de asociados a levar a cabo a súa actividade”, concluía Menor.

Back to top button