
A través dun comunicado, a Diócese de Astorga vén de manifestar o seu apoio “a todos os afectados polas tormentas en Viana do Bolo”. No texto do comunicado, lembra como o “pasado mércoles, día 17, varias aldeas do concello de Viana do Bolo convertéronse no centro dunha tormenta que provocaba graves riadas. Pra- docabalos, Pixeiros e singularmente A Bouza, son as aldeas que sufriron con maior forza os graves danos provocados por estas choivas torrenciais”.
Así mesmo, no comunicado indícase que “o párroco destas localidades e os sacerdotes da Unidade Pastoral, xunto a Cáritas da Unidade Pastoral e a Cáritas Diocesana, están pendentes dende o primeiro momento da situación creada e de ofrecer a colaboración de toda a Igrexa diocesana para paliar o más posible o dano causado”.
Tamén se indica que “o Administrador diocesano desexa manifestar a cercanía da diócese a todos os afectados, á vez que ofrece a colaboración que sexa necesaria e asegura a oración para que a axuda da fe alimente a esperanza nestes momentos de dificultade. Ao mesmo tempo, agradece o esforzo de todas as autoridades civís e dos propios veciños e empresarios da zona cuxa colaboración está permitindo afrontar esta situación de emerxencia”.
Por outra banda, infórmase de que Cáritas Diocesana abriu unha línea de axuda para que quen o desexe poida ofrecer a súa colaboración ante esta necesidade, na propia conta de Cáritas Diocesana ES28 0049 4625 7321 1641 6112 facendo constar o concepto: “Emerxencia Tormentas”, ou por bizum 02815.
“Finalmente, a nosa igrexa particular ora por todos os afectados para que poidan recuperar canto antes a normalidade das súas vidas e para que xuntos coidemos e preservemos a nosa casa común que é a terra na que vivimos”, conclúe o comunicado da Diócese de Astorga.

