
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, asistía neste 13 de novembro en San Xoán de Río a unha sesión do Laboratorio de innovación aplicada, unha iniciativa apoiada pola Xunta para impulsar o emprendemento no rural. O obxectivo é reunir proxectos emprendedores e traballar sobre retos reais descubrindo oportunidades de colaboración entre sectores.

A directora xeral destacou as posibilidades que ofrecen os catro encontros previstos na localidade ourensá ata o próximo venres 20 de novembro de xerar sinerxías entre iniciativas empresariais que queiran avanzar en retos de produto, tecnoloxía ou servizo. Nese senso, recordou a dispoñibilidade da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego para prestar asesoramento gratuíto e personalizado a empresas, persoas autónomas e emprendedoras en 15 puntos do territorio galego, catro deles na provincia ourensá. En concreto, no Barco de Valdeorras —o Polo que lle corresponde a San Xoán de Río—, no Carballiño, en Baños de Molgas e en Verín