A RúaConcellosÚltima horaVídeos

A dura loita coas chamas, tamén en Vilela (A Rúa)

Dende o Concello distribuirán auga embotellada xa que "dada a situación e debido ao gran consumo de auga preciso para a extinción e á cantidade de residuo depositada no aire, non temos a capacidade para potabilizar de xeito aficiente a auga da traída"

 

A do sábado 16 de agosto foi outra dura xornada de loita contra as chamas no concello da Rúa. Tras pasar e arrasar a zona das Pedreiras e Roblido o lume collía dirección Fontei, chegando a Vilela, Somoza e San Xulián.

 

 

Pola mañá parecía todo en relativa calma pero contra o mediodía revolvía o aire e volvía poñer en perigo fincas e casas de toda a ladeira norte do municipio.

 

 

No caso de Fontei, os veciños indican que “despois dunha tarde de intenso traballo, a UME daba por extinguido o incendio nese punto”.

 

A UME preto de Fontei./ Foto cedida.

 

En Vilela, a Asociación de Veciños recoñece que viviron momentos de moita tensión, dando as grazas “a todos os que fixeron cos seus esforzos, que o lume non entrase nas casas”. Neste momento a situación está tranquila pero isto “é un desastre natural, económico e social sen precedentes na comarca”. As chamas es tiveron moi cerca dalgunha casa pero conseguían librala. “Ás 3 da maña tamén arrancou un foco fuerte, demolo controlado, pero estivo en perigo unha adega”, explica.

 

 

Dada a situación e debido ao gran consumo de auga preciso para a extinción e á cantidade de residuo depositada no aire, dende o Concello aseguran que “non temos a capacidade para potabilizar de xeito eficiente a auga da traída polo que se recomenda o uso de auga embotellada para consumo nos próximos días”, din, adiantando que nas próximas horas “iniciarase a distribución de auga embotellada”.

Back to top button