OurenseÚltima horaVídeos

A eclipse solar tamén podía contemplarse dende o centro do Barco

 

Malia que moitas persoas optaban por desprazarse a lugares altos para poder gozar da eclipse total de sol deste 12 de agosto, o certo é que podía observarse dende o mesmo centro da vila do Barco, nas rúas Condesa de Fenosa e Marcelino Suárez, de feito, era unha opción que escollían algunhas persoas.

 

 

Nesta galería de fotos poden verse diversos momentos da eclipse solar dende esta zona da vila, como cambian as sombras e chega literalmente a facerse de noite contra as oito e media da tarde.

A vila quedaba practicamente deserta durante a parte central da eclipse e mesmo había momentos nos que non se rexistraba circulación de vehículos.

Fotos e vídeo: O SIL.

Back to top button