Na mañá deste venres 20 de novembro, o Concello do Barco estivo presente en Xantar 2026, baixo o paraugas do Xeodestino Trevinca-Valdeorras, ofrecendo unha degustación na aula de cata co título “O godello sabe mellor coa empanada de maravallas do Barco”, para un aforo aproximado de 20 persoas,
Tal como indican dende o Concello, a empanada de maravallas e o godello da Bodega Cooperativa do Barco, Vinos Barco, foron os grandes protagonistas da proposta realizada pola Concellería de Turismo, que resultou de gran interese a todos os participantes.
