
A empresa Alibós Galicia, no concello lucense de Monterroso, recibía neste 29 de xuño a visita do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte. Acompañado por responsables da empresa, entre eles Jesús Quintá, realizaba unha visita guiada ás instalacións de.
Durante este percorrido, Alemparte sinalou o compromiso desta empresa pola calidade diferenciada, xa que a súa produción está amparada baixo a Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia e conta tamén coa certificación do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.


