ConcellosQuirogaÚltima hora

A empresaria e impulsora da Aldea Modelo de Bustelo de Fisteus, protagonista do novo Faladoiro de Quiroga

Aída Marcos falará sobre “Volver e crer no rural” ás 18h. na Biblioteca do Centro Social

Foto cedida.

 

Aída Marcos, emprendedora e impulsora da declaración de Bustelo de Fisteus (Quiroga) como Aldea Modelo protagonizará este mércores o Faladoiro do Centro Social. Baixo o lema “Volver e crer no rural” esta quiroguesa falará sobre a importancia de transformar o negativismo en ilusión para revitalizar o rural.

Imprenta Medios, unha imprenta dixital e publicidade, é a primeira empresa deste tipo que se instala no municipio de Quiroga. A súa propietaria, Aída Marcos, é unha veciña de Bustelo que despois de máis de tres décadas retorna a súa aldea natal.

Natural desta localidade quiroguesa, marchou a Vigo onde entrou en contacto co mundo das Artes Gráficas e a Publicidade, sendo hoxe empresaria do sector. Sen perder o contacto coas súas raíces marcouse o reto de axudar a recuperar e darlle vida á súa aldea, que dende o 2021 foi recoñecida pola Xunta como Aldea Modelo.

Neste faladoiro que se desenvolve na Biblioteca do centro Social mañá mércores ás seis da tarde, abordaranse man as experiencias desta empresaria e impulsora do rural. Estará moderado por Xosé Manuel Fernández Montes.

O Faladoiro é unha actividade que promove o Concello de Quiroga dende a Concellería de Servizos Sociais e Participación Cidadá que busca crear un espazo de socialización e de coñecemento. Partindo dun tema a tratar e dunha persoa convidada, os asistentes poden intervir para coñecer máis á relatora ou relator, para aprender, e incluso para compartir as súas propias experiencias.

Back to top button