En portadaÚltima hora

A entrega de premios do IX Concurso da Tapa Micolóxica pon o broche ás xornadas do Club Montaña Trives

 

Tras unha intensa fin de semana con actividades variadas arredor dos cogomelos, na tardiña do domingo 8 de novembro tiña lugar no patio da Casa Grande de Trives, a entrega de premios do IX Concurso da Tapa Micolóxica. Na categoría de mellor sabor, o primeiro premio era para As Maceiras; o segundo para Quintela; e o terceiro para O Bodegón. E no que respecta á mellor presentación, o primeiro premio era para O Bodegón; o segundo para As Maceiras; e o terceiro para A Masía.

 

 

Poñíase así o broche de ouro ás XXVI Xornadas Micolóxicas do Club Montaña Trives que, ademais do concurso no que participaban once establecementos hostaleiros, incluía unha charla sobre micoloxía a cargo da asociación Os Cogordos no IES Xermán Ancochea Quevedo; saída ao monte a recoller cogomelos; clasificación e exposición do recollido; xantar gourmet no Hostal La Viuda; música tradicional coa banda de gaitas Os Trintas e tamén Cantos de Taberna; ademais de teatro coa Caniceira; e un sorteo final.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button