SanidadeÚltima hora

A Escola de Coidadores da área sanitaria ourensá imparte 2 obradoiros en Rubiá

O primeiro deles tiña lugar esta tarde no salón da actos da Casa da Cultura e o seguinte está previsto para o 12 de xuño

 

Continúan as accións de saúde comunitaria da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, e dentro do proxecto “Escola de Coidadores”, na tarde deste 5 de xuño (entre as 16:30h. e as 18:30h.)  impartíase un obradoiro na Casa da Cultura de Rubiá, en colaboración do Concello. No seu decurso abordábanse cuestións como “alimentación saudable”, “somos un equipo” e “hixiene buco-dental”.

Esta acción formativa era impartida por Susana Fernández León e Laura Anta Aguado (ambas enfermeiras do Equipo de Soporte de Atención Domiciliaria, ESAD) e pola hixienista dental, Yolanda Fernández.

 

 

Ademais, estas profesionais desenvolverán un novo obradoiro deste tipo en Rubiá, nese mesmo lugar, o vindeiro 12 de xuño ás 16:30h. Neste caso a súa temática será diferente xa que se tocarán temas como os coidados da pel e úlceras por presión (UPP), consellos para a mobilización e dispositivos de axuda.

Estes dous obradoiros están deseñados para explicar cuestións consideradas fundamentais e de gran importancia para a atención de persoas dependentes e resultarán de gran utilidade para os coiadores, proporcionando formación e recursos que mellorarán a calidade do coidado que ofrecen, din as relatoras.

Fotos cedidas.

Back to top button