OurenseÚltima hora

A escola de música da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia suma un grupo de batucada infantil á súa oferta formativa

 

A escola de música da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia suma un grupo de batucada infantil á súa oferta formativa para o curso 2026/27. Esta iniciativa busca achegar o ritmo e a percusión aos máis pequenos nun ambiente dinámico e cooperativo.

 

 

As sesións de ensaio desenvolveranse todos os sábados de 10 a 11 horas nas instalacións do Colexio San Pío X (Mariñamansa), en Ourense, espazo onde a asociación desenvolve o seu labor. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas a partir de 6 anos e complemente a ampla oferta que xa ofrece a Escola de Música e Cultura de Galicia que mantén aberto o prazo de inscrición para este novo grupo. Con esta proposta, a entidade reforza o seu compromiso coa educación musical e o desenvolvemento do traballo en equipo.

 

 

As persoas interesadas en reservar praza ou obter máis información poden contactar no teléfono 649765876 ou escribir ao correo electrónico acmusicaecultura@gmail.com.

 

 

 

Back to top button