CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

A escultura da troita máis grande do mundo, con toque valdeorrés, xa loce na Pontenova

É obra de profesores do IES Enrique Muruais, entre eles o barquense Tasín Laurel, de alumnado de FP. Inaugurábase na tarde do 30 de abril

 

No marco da celebración da Festa da Troita na Pontenova (Lugo) inaugurábase na tarde do 30 de abril a escultura dunha troita máis grande do mundo. A peza ten sido elaborada por tres profesores do IES Enrique Muruais, entre eles o barquense Tasín Laurel, así como polo alumnado de FP deste centro. Está feita de aceiro e pesa uns 1.000 quilos. A súa superficie foi pintada polo coñecido muralista Diego As, buscando un acabado o máis realista posible, coas pintas e as cores propias da troita da zona.

 

 

A escultura descubríase, en medio dunha gran expectación, ás sete da tarde. Con ela lógrase un novo récord mundial que bate ao da troita de Michigan, xa que a peza lucense ten máis de 8 metros de longo. Entre os asistentes á inauguración estaba Tasín Laurel, acompañado por outros valdeorreses.

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button