Entre chamas despedíase o Entroido en Oímbra. A vila convertíase en escenario na noite do Martes de Entroido dunha impresionante procesión de fachós acesos que saía da praza. Dende alí percorríase a zona antiga da localidade cunha comitiva encabezada polo Meco e pola música.


Despois regresábase á praza onde, deixábanse os fachós e arredor deles comezaba a danzarse co Meco que, finalmente, remataba entre chamas.
Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

18 de Febreiro de 2026