DeportesÚltima hora

A Estación de Montaña de Manzaneda amplía o programa de verán cunha longa axenda de eventos deportivos

Prolóngase ata setembro con novas competicións de bicicleta, pickeball, marcha nórdica e escalada

 

A Estación de Montaña Manzaneda amplía a súa programación de eventos deportivos ao longo de todo o ano, cunha axenda que reforza a aposta de Turismo de Galicia pola desestacionalización e diversificación da oferta deportiva.

Entre as citas previstas para as vindeiras semanas encóntrase a celebración dun MiniDH o 1 de agosto. Organizado por Bici Verde, este evento está orientado ás novas promesas do descenso galego e nacional. Tamén terán lugar a Copa Xunta-Galicia Calidade de Pickleball, promovida pola Rede Galega de Tenis, os días 19 e 20 de setembro; a proba Transgalaica organizada por Team Relay o 27 de setembro e a actividade de Marcha Nórdica impulsada por ASESOU o 3 de outubro. No ámbito da escalada e tamén organizados por ASESOU, levarase a cabo unha xornada de Boulder ao aire libre e o Open de Escalada, previsto para o 14 de novembro.

Esta pasada fin de semana, a Estación de Montaña Manzaneda volveu situarse no mapa das grandes competicións nacionais de ciclismo de montaña esta pasada fin de semana, coa acollida dunha nova edición da Copa España de Descenso (DHI), unha cita que reuniu preto de 170 deportistas chegados de diferentes puntos de España e que confirma a capacidade da estación para acoller eventos deportivos de primeiro nivel.

A celebración desta proba supón un novo paso na recuperación e consolidación do complexo, case un ano despois do incendio que afectou de forma a súa contorna natural e ás instalacións do Bike Park. A volta a Manzaneda dunha competición de ámbito nacional reflicte o traballo realizado durante os últimos meses para a posta en valor da estación.

A estrea dun novo circuíto incorporado ao Bike Park foi un dos elementos mellor recibidos polos participantes desta edición, quenes valoraron o seu trazado polo seu nivel técnico e pola súa variedade de sectores habilitados e liñas.

Con esta programación, Manzaneda continúa a consolidarse como un destino de montaña activo durante todo o ano, nunha combinación de turismo activo, competición e actividades na natureza para públicos de todas as idades.

Back to top button