ConcellosEn portadaO BoloÚltima horaVídeos

A Estoupa do Xudas, unha antiga tradición do Domingo de Resurrección nas Ermidas (O Bolo)

 

A figura de Iscariote volvía xirar de maneira incensante ata estourar nas Ermidas (O Bolo) no mediodía deste Domingo de Resurrección. Multitude de persoas asistían na área recreativa da localidade, á beira do Bibei, a esta antiga tradición, vinculada a súa Semana Santa e recuperada no 2024 tras tres décadas perdida.

Era o alcalde do Bolo, Miguel Ángel García, quen se dirixía aos presentes para dar paso a este ritual, pedindo que se respectasen as medidas de seguridade.

 

 

 

Un personaxe que representa a Xudas, de tamaño natural, de rostro barbado e melena de estopa, coa bolsa de moedas na man, vestido cunha túnica de cor azul e branco, colócase sobre unha roda cunha base vertical, que xira impulsada polos petardos que a fan estoupar. En tempos facíase no adro do santuario tras a procesión de Resurrección e posúe un significado simbólico, de xustiza popular.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button