O Clúster da Pizarra de Galicia e a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC), inauguraron unha nova exposición que leva por título “Mostrando a pizarra”. Trátase da mostra que xa estivo presente na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica (EUATAC), sita na mesma cidade.
Ata o vindeiro 22 de outubro, poderán visitarse os máis de vinte tipos de pizarra e paneis nos que se poden observar diferentes formatos e formas de colocación deste material, en cuberta e fachada, así como unha selección de libros técnicos sobre esta roca.

A inauguración desta exposición forma parte da nova campaña de promoción do Clúster da Pizarra de Galicia, entre prescriptores de interés para o sector, á que seguirá unha xornada informativa. Estas actividades se completarán cunha visita de alumnos e profesores da ETSAC ao sector da pizarra.
