SanidadeÚltima hora

A exposición prolongada ao ruído pode provocar danos auditivos permanentes desde os 85 decibilios

Desde o Servizo de Otorrinolaringoloxía do Hospital Universitario de Ourense advirten do dano silencioso do ruido e do aumento de perda auditiva cada vez en idades máis temperás polo uso de auriculares a alto volume

 

O Día Internacional de Concienciación fronte ao Ruído, que se conmemora hoxe, pon o foco nos efectos nocivos desta exposición, que pode provocar danos permanentes na saúde auditiva, a partir dos 85 decibelios, desde o Servizo de Otorrinolangoloxía do Hospital Universitario de Ourense advirten do aumento de perda de audición, a idades cada vez máis temperás, asociadas a extensión do uso de auriculares a alto volume, e a exposición continuada ao ruído na vida cotiá.

O ruído percíbese moitas veces só como unha molestia, pero unha exposición prolongada a el  pode ter consecuencias permanentes na audición, que normalmente só se detectan cando o dano xa é importante, e definitivo. O uso xeneralizado de auriculares, a exposición a alto volume   sonoros en discotecas, concertos ou festivais; o tráfico intenso, ou a permanencia en os espazos de lecer con música e ruido elevado, se suman nunha exposición cotiá que supera os niveis considerados seguros e se acumula.

A doutora María Rey, do Servizo de Otorrinolaringoloxía do Hospital Universitario de Ourense, lembra que “a partir duns 85 decibelios o ruído comeza a ser daniño” e lembra que ese nivel pode acadarse facilmente en situacións habituais, co tráfico, nunha discoteca, nun bar ruidoso ou co uso de cascos a alto volume.

Un dano progresivo e pouco perceptible ao inicio

A Organización Mundial da Saúde tamén advirte do incremento do risco de perda auditiva, asociado á escoita insegura, especialmente entre a poboación nova, tanto polo uso de dispositivos persoais de audio, como pola exposición a música amplificada en espazos de lecer.

A especialista subliña que o principal problema non é só o ruído extremo ou repentino, como pode ocorrer cunha explosión ou cun impacto acústico moi intenso, senón a exposición diaria, repetida e sostida no tempo. “O dano vai moi pouco a pouco” explica, “ e ata que xa está establecido e é intenso, non somos conscientes del”.

Este tipo de perda auditiva pode pasar desapercibida durante anos. A exposición continuada a niveis elevados de son pode producir dano nas estruturas do oído interno e derivar nunha perda de audición permanente. Segundo a doutora Rey, “pensamos que o ruído só nos molesta un pouco, pero pode estar producindo un dano que na maioría dos casos pode ser permanente”.

O límite dos 85 decibelios

A modo de exemplo de que supón ese límite sonoro, algúns exemplos cotiás que acadan ou superan os 85 decibelios son un cortacéspede, unha motocicleta próxima, unha sirena, unha batidora ou o centrifugado dunha lavadora. A modo de referencia, unha conversa normal adoita situarse arredor dos 60 decibelios, mentres que unha discoteca ou un concerto supera con moita facilidade os 100 decibelios.

Na actualidade o uso de auriculares é unha das situacións máis frecuentes de risco, sobre todo cando se empregan durante moito tempo ou a volumes elevados. A doutora María Rey recomenda aplicar a coñecida regra do 60/60: “usar como máximo un 60% do volume que nos poden aportar e facer un pequeno descanso despois de 60 minutos de uso, para que o oído poida recuperarse”.

Esta recomendación é especialmente útil en persoas que utilizan auriculares a diario para escoitar música, ver contidos audiovisuais, xogar ou manter chamadas. O risco aumenta cando se usan en ambientes xa de por si ruidosos, porque a tendencia habitual é subir o volume para compensar o ruído de fondo, cando a escoita se realiza na rúa e debe superar o ruído do tráfico.

A especialista sinala que, nas consultas, estanse vendo casos de perda auditiva en persoas cada vez máis novas, algo pouco habitual hai anos,  “Estamos empezando a ver a xente xoven que estivo exposta durante moitos anos a discotecas, ruído intenso ou non tan intenso, e que empeza a perder audición como se tivese máis idade”, indica.

 

Back to top button