
O vindeiro venres día 16 de maio, o Concello do Barco iluminará de cor azul a fachada da súa Casa Consistorial en conmemoración do Día da Enfermidade Celíaca, uníndose así aos demais concellos da comunidade autónoma, convocados pola Asociación de Celíacos de Galicia, para reivindicar o dereito á inclusión das persoas que padecen a enfermidade.
A celiaquía é unha enfermidade sistémica, de base autoinmune, provocada polo glute e prolaminas relacionadas en individuos xenéticamente susceptibles. O 2% da poboación europea é celíaca, o cal implica a realización dunha estrita dieta sen glute por parte destos pacientes.
O día 16 de maio, o Concello do Barco únese á reivindicación do dereito das persoas que padecen esta patoloxía á inclusión en todos os ámbitos da súa vida, tanto no ámbito social coma laboral, xa que na maioría das relacións sociais está presente a comida, podendo ser excluínte tanto para nenos e nenas como para adultos celíacos.
A iluminación azul da fachada está programada desde ás 20:00 ata ás 00:00 horas, sendo recomendable agardar ata polo menos ás 21:00 ou 21:30 horas para realizar fotografías.