BaloncestoDeportesÚltima hora

A familia barquense Rodríguez Ramos despide o 2024 co seu tradicional torneo de baloncesto

 

Ás doce en punto da mañá mais fría do ano, un ano máis, “e xa van uns cantos”, a familia Rodríguez Ramos e uns amigos reuníanse nas pistas polideportivas do Malecón do Barco neste 31 de decembro para celebrar o seu tradicional torneo de baloncesto de Nadal e, ao mesmo tempo, para despedir este ano 2024.

Os capitáns dos equipos, Irene e Leo, escolleron desta volta o equipo en base “a resistencia á xeada e á beleza dos seus xogadores”, contan dende a familia. Ademais, nesta ocasión a competición desenvolvíase sen regramento: “todo vale”.

 

 

Ano tras ano, compróbase como os máis pequenos van medrando e xa están ou rematan a universidade. Por iso agora teñen que desprazarse dende Pontevedra, Coruña, Alaicante, Valencia ou Madrid para cumprir con esta tradición. Pero nunca fallan, e menos este ano que siguen adicando o torneo ao avó Manolo. Novamente, o saque de honra facíao a avoa Manolita, a punto de cumprir os 90 anos. “Realmente xogaron todos contra todos na cancha ao mesmo tempo. Non hai oco para escapar…”, explican dende os equipos.

 

 

Desta maneira tan orixinal e deportiva, esta familia barquense despide o vello ano . Pero prometen que no 2025 volverán todos a reunirse arredor dunha pelota de básket “e de moitos amigos, aínda que algún vai ter que vir dende Canadá”, adiantan.

Fotos cedidas.

 

Back to top button