BaloncestoDeportesÚltima horaVídeos

A familia Rodríguez Ramos do Barco despide o ano co seu tradicional torneo de basket, desta volta “internacional”

 

Ás once en punto da mañá mais fría do ano, “un ano máis”, e xa van uns cantos, a familia Rodríguez Ramos e uns amigos reuníanse na mañá deste 31 de decembro para celebrar o seu tradicional torneo de baloncesto de Nadal nas pistas deportivas do Malecón do Barco e, ao mesmo tempo, para despedir este ano 2025.

Os capitáns, Irene e Leo, escolleron desta volta o equipo en base “a resistencia a xeada e á beleza dos seus xogadores”, contan dende a familia. Este ano xogábase sen regulamento “tudo vale”, dicían.

Os pequenos van medrando e xa estan ou rematan a universidade. Así que agora teñen que desprazarse dende Alemaña, Francia, Pontevedra, Coruña, Alicante, Valencia ou Madrid. Pero nunca fallan, e menos este ano que siguen adicando o torneo o seu avó Manolo.

 

 

 

O saque de honra volvía facelo a avoa Manolita, xa con máis de 90 anos.

“Realmente xogaron todos contra todos na cancha ao mesmo tempo. Non hai oco para escapar…”, explican dende os equipos.

 

 

Desta maneira tan orixinal, esta familia despide o vello ano . Pero prometen que o ano que vén volverán todos a reunirse ao redor dunha pelota e de moitos amigos aínda que algún vai ter que vir dende Australia.

Fotos e vídeos cedidos pola familia.

 

 

 

 

Back to top button