A gastronomía, a cultura e a música. Son os tres piares da Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico, que dende este sábado 6 de setembro se desenvolve na praia fluvial do Malecón do Barco.
Esta tarde tiña lugar outra nova cata de viños harmonizada con diversos produtos gastronómicos da feira, guiada pola sumiller Mercedes González, ademais da actuación do grupo La Disquetería, que animaba o ambiente con versións de coñecidos temas do por rock español.

Numerosas persoas visitaban esta mostra que continuará mañá con exposición e venda de produtos en 22 postos (tanto galegos como do norte de Portugal) e tamén con propostas como concertos, obradoiros infantís, entre outras propostas.
Fotos: A.R.