EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaVídeos

A Feira de Produtos Tradicionais do Eixo reúne a 22 produtores e artesáns á beira do Sil, no Barco

Tamén hai obradoiross, catas, degustacións, concursos e actuacións musicais

 

Un total de 22 stands, 19 de gastronomía (unha caseta ten dous produtores), tres de artesanía e por primeira vez un de cosmética natural, forman parte da V Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico que nesta fin de semana enche de vida á praia fluvial do Malecón, no Barco de Valdeorras con moita música e actividades pensadas para “desfrutar do espazo dende a mañá ata a noite”.

 

 

A apertura tiña lugar na mañá deste sábado 6 de setembro con animación musical de Abertal e produtores locais de Galicia e Norte de Portugal vendendo produtos gastronómicos de calidade, con garantía de orixe e elaborados con paixón no rural. Completan a feira artesáns de Galicia en madeira, artes gráficas e barro.

A feira conta ademais con obradoiros gratuítos (esta mañá tiña lugar un de barro), animación infantil, zona para comer e moita música. Tamén hai catas con maridaxe e unha mostra de cociña con degustación. Completa a oferta lúdica da feira un concurso de pintura, convocado por primeira vez baixo o título “Debuxando no Sil”, con premios para os ganadores en cada categoría.

 

 

Este ano e como novidade hai un stand para promocionar a poesía de Valdeorras. Nel, aos visitantes da feira interesados faráselles un QUIZZ con preguntas sobre autores e autoras de Valdeorras e só por participar levarán para casa un imán de neveira cunha frase dun autor de Valdeorras e unha tarxeta co fragmento, nome e autor da obra. Se acertan as preguntas poderán levar mais imáns.

PRODUTORES E ARTESÁNS

GASTRONOMÍA
GAIA QUEIXERÍA – Queixo de cabra – A Limia
MEL O MARQUESADO – Mel e polen – Serra da Enciña da Lastra
AMARELANTE S.C.G. – Castañas e bica – Manzaneda
BARBUDOS COOP. – Licores Artesanais – O Barco
TERRAS GIGURRAS AOVE 100% autóctono galego – Valdeorras
QUEIXOS FEIJOO – Queixos – Celanova
ÁNADES GALICIA – Foie Grass e Xamón de Pato – Vilardevós
COMPOTAS CRISTUS – Compotas – Trás-os-Montes
OLIVITTA – Aceite – Vilaflor
CUMBRES DE TREVINCA – Queixo de vaca – A Veiga
GARCÍA MARCOS – Embutidos tradicionais – Viana do Bolo
BICA MANZANEDA – Bica mantecada – Manzaneda
CASAL DA FRADISSA – Viño e aceite – Mirandela
OLIVAREIRO – Aceite – Quiroga
LARPEIRADAS GALEGAS – Doces – A Estrada
QUINTA DO POMBAL – Aceite e Améndoa de Vilaflor
MONTE CEO – Queixo de Cabra Ecolóxico – Luíntra
ALAN DE VAL – Viños – A Rúa de Valdeorras
SOFRAGAL – Fariña de castañas e castañas secas – Luíntra

COSMÉTICA
PIEL NATURA Cosmética Botánica – San Xoán de Río

ARTESANÍA
ARTESANÍA ENXEBRE – Arte en Madeira – O Barco de Valdeorras
DEICA CREACIÓNS – Arte galego – Santiago de Compostela
CENIZA DE PAPEL – Cerámica en barro – Lugo

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver

 

 

Back to top button