Na noitiña deste sábado 24 de outubro celebrábase na praza do Arroio, na Rúa Vella, a XXI edición da Festa do Magosto que cada outono dende hai dúas décadas organiza a Asociación Sabugueiro.

A tradicional celebración que abre a tempada na comarca de Valdeorras reunía un ano máis a preto de 300 persoas que desfrutaban dun animado e concorrido magosto cun contundente menú a base de chouripán, bica, bullotes asados, auga e viño.

No decurso da festa, fria pero seca, tamén se sorteaban lotes de produtos doados coma sempre por negocios do pobo.
O vindeiro sábado, 31 de outubro, será o magosto organizado polo Concello da Rúa, coma sempre na Estación de Autobuses.

Fotos: Mónica G. Bellver.