ConcellosRubiáÚltima hora

A food truck de ‘Galicia sabe aMar’ volve a Rubiá con petiscos variados

Foto cedida.

 

A campaña ‘Galicia sabe aMar’, impulsada pola Consellería do Mar, continúa levando o mellor sabor das rías galegas a través de food trucks, polos diferentes concellos da comunidade.

Na mañá deste mércores 3 de xullo unha desas furgonetas volvía facer parada na praza do Concello de Rubiá, onde xa estivera en outubro de 2024, con diferentes petiscos de balde para a poboación.

Segundo a Xunta, esta iniciativa reforza o apoio á promoción dos produtos pesqueiros galegos, nun contexto de descenso do consumo destes produtos, cun dobre obxectivo. Por un lado impulsar a súa presenza nas dieta da cidadanía, especialmente entre a xente máis nova, e por outro reforzar a cadea mar-industria como actividade estratéxica que representa o 5% do PIB e na que traballan ao redor de 50.000 persoas na comunidade.

Back to top button