
A forte enchente que vén rexistrando o Sil nos últimos días ao seu paso polo Barco tamén está a ter efectos para a propia fauna do río. Así pode comprobarse nestas imaxes achegadas por un lector, que nos conta que esta “fermosa troita (500-650 gramos aproximadamente) quedou varada na rampla de baixada ao río, á altura do Teatro Lauro Olmo”. Estas imaxes, cuxa cesión agradecemos, eran tomadas esta mañá.
Fotos cedidas.
