Como consecuencia da forte saraibada rexistrada nesta tarde, formábase un gran charco de auga no acceso á vila do Barco de Valdeorras dende Veigamuíños, no paso situado baixo a vía do ferrocarril, sorprendendo a un coche que quedaba atrapado na auga.
Ata o lugar desprazábase a Policía Local do Barco, a Garda Civil e o GES Valdeorras.

Fotos: O SIL.
