CulturaCulturaEntroido 2025Galerías de fotosÚltima hora

A Fuliada de San Martiño (Manzaneda), unha intensa ronda pola parroquia entre toques, danzas e versos

 

Tras a recente declaración do Entroido como Ben de Interese Cultural (BIC), por parte da Xunta de Galicia, facemos un repaso por algunhas das imaxes que nos deixou a celebración desta tradición que se vive con especial intensidade na provincia de Ourense.

 

 

Comezamos este repaso pola Fuliada de San Martiño, que percorría esta parroquia do municipio de Manzaneda na tarde do domingo 2 de marzo. Unha longa e intensa ronda de máis de catro horas de duración, na que o intenso toque do fulión deixábase sentir por cada recuncho entre as fermosas danzas das Mázcaras e na que tampouco faltaban os versos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button