A RúaConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A Garda Civil da Rúa fai unha emotiva ofrenda á patroa, a Virxe do Pilar, na igrexa parroquial de Fontei

 

Fieis a unha tradición que se remonta anos atrás, na mañá deste 12 de outubro os membros da Garda Civil da Rúa celebraban a festa da súa patroa, a Virxe do Pilar.

 

 

Pasadas 12 horas e trala foto de rigor no adro, un costume que poucas veces falla, tiña lugar a misa na igrexa da Nosa Señora de Fátima en Fontei, presidida polo párroco Daniel Pérez que lembraba ao seu antecesor, Lisardo Paradelo, falecido tal día como hoxe hai un ano.

 

 

Coma sempre, á parte dos gardas, a esta celebración relixiosa acudían tamén representantes municipais rueses (entre eles membros do equipo de Goberno e tamén da oposición), así como a alcaldesa de Larouco e o alcalde do Bolo, e representantes municipais de Vilamartín de Valdeorras, Petín, ademais de veciños da Rúa e de concellos limítrofes, familiares, etc.

 

 

Tralo sermón, no que lían varios gardas, tiña lugar a ofrenda que os propios axentes facían á Virxe: dun centro de flores, da bandeira de España, do “pan e o viño” e dun tricornio.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Back to top button