
A Garda Civil de Lobios tomaba declaración en calidade de investigado a un veciño do termo municipal de Muíños como presunto autor dun delito de roubo con forza nas cousas, cometido entre finais de setembro e mediados de outubro, nunha vivenda situada na localidade de Porqueirós (Muíños), onde “aproveitando a ausencia dos habitantes da vivenda e tras forzar a porta de entrada, accedeu ao interior e apoderouse de ferramentas, maquinaria e varios enseres valorados en 10.000 euros”, segundo informa a Garda Civil, que tras practicar un rexistro domiciliario na vivenda do investigado, recuperou practicamente a totalidade dos efectos subtraídos.