ConcellosÚltima hora

A Garda Civil de Ourense asesora á poboación do rural para mellorar a seguridade

Está impartindo unha serie de charlas-coloquio, en colaboración coa Cruz Vermella, en diferentes partes da provincia
Unha das charlas impartidas pola Garda Civil.

Os axentes da Garda Civil da Comandancia de Ourense están a desprazarse a diferentes concellos da provincia para impartir charlas dirixidas ás persoas maiores do rural para informalas sobre como mellorar a prevención e a seguridade nestas zonas da provincia. Polo de agora a estas conferencias-coloquios, que se están a levar a cabo en colaboración coa Cruz Vermella, teñen asistido xa uns 700 veciños.

O contido destas charlas versa sobre os “posibles ilícitos que puideran sufrir na vía pública, xa que poden ser vítimas de furtos de bolsos e xoias que poidan portar e débense mellorar aspectos dos nosos maiores como a prevención e a posta en coñecemento de tales feitos delictivos, xa que é un colectivo de especial proteccióin”, segundo se informa dende a Comandancia da Garda Civil de Ourense.

Tamén se incide nesas sesións informativas nas precaucións que deben tomarse para minimizar o risco de sufrir roubos no interior dos seus domicilios, xa sexa en presenza ou na ausencia dos moradores. Ademais informáselle sobre as últimas modalidades delictivas que poden sufrir ao realizar xestións bancarias ou na súa relación con internet e danse unha serie de recomendacións para previr os incendios, tanto dentro do domicilio como fóra del.

Artigos relacionados

Back to top button