OurenseÚltima hora

A Garda Civil de Ourense celebra unha reunión de traballo no Balneario de Laias

 

A Garda Civil de Ourense celebraba nesta xornada de 16 de abril unha reunión de traballo no Balneario de Laias (Cenlle). Trátase dunha tripla alianza entre a Comandancia da Garda Civil de Ourense, a Axencia da Unión Europea para a Cooperación Policial (EUROPOL) e a Garda Nacional Republicana (GNR) e a Unidade Técnica de Policía Xudicial e Garda Civil de Ourense.

No encontro de traballo, no que participaban membros das citadas entidades, tamén estaba presente o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, quen destacaba a importancia da colaboración entre distintas institucións internacionais e agradeceulles o traballo que realizan, “esencial para garantir a seguridade, a paz e a estabilidade nas vilas e cidades de España, Portugal e de toda a Unión Europea”.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button