
A Garda Civil vén de interceptar un patinete eléctrico circulando pola autovía A-52 en Ourense. O pasado 11 de setembro, ao redor de as 16:00 horas, unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Ourense mobilizouse tras varios avisos recibidos a través do 112, alertando da presenza de un patinete eléctrico circulando pola autovía A-52.
Os axentes localizaron ao vehículo á altura do punto quilométrico 247, en sentido O Porriño. O seu condutor, un home de mediana idade, manifestou incorporarse por erro á autovía seis quilómetros antes e, ao decatarse da confusión, decidiu continuar circulando pola vía de alta capacidade.
Por estes feitos, formulouse denuncia por infracción grave ao Regulamento Xeral de Circulación, sancionada con 200 euros. Foron os propios axentes quen trasladou ao condutor e o seu patinete fóra da autovía no vehículo oficial para evitar riscos propios e da seguridade viaria.
A Garda Civil de Tráfico agradece a colaboración cidadá que “permitiu detectar esta conduta de risco,e lembra que se prohibe circular por travesías, vías interurbanas e autoestradas e autovías que transcorren dentro de poboado,con vehículos de mobilidade persoal. Así mesmo, queda prohibida a circulación destes vehículos en túneles urbanos”.