SanidadeÚltima hora

A Garda Civil de Ourense visita o CHUO para celebrar o día da súa Patroa

 

No marco da celebración da patrona da Garda Civil, hoxe sábado 12 de outubro, a Comandancia da Garda Civil en Ourense visitaba o pasado mércores o Hospital Universitario de Ourense para dar a coñecer ás distintas unidades que a compoñen co obxectivo de acercar á cidadanía o labor que desenvolve este corpo de seguridade do Estado na nosa provincia.

Na visita amosaban o amplo e variado parque móbil da Comandancia da Garda Civil en Ourense que estivo situado na entrada do Edificio Cristal composto polos diferentes vehículos que utilizan no seu quehacer diario.

Na cuberta terapéutica do novo hospital visitaban aos pacientes do Hospital de Día de Saúde Mental que puideron gozar dunha completa exhibición da unidade canina da Garda Civil grazas a pericia e os coñecementos da instrutora Laura Martín que amosou a actuación do pastor alemán “Ford” que grazas ao seu adestramento é infalible na detección de moedas e billetes, drogas, explosivos ou no rescate de persoas.

 

 

A comandante da Garda Civil, Cristina Boo Paradela, destacaba “a importancia de achegar á poboación, e, neste caso, aos nenos e nenas ingresados no Hospital materno Infantil del Ourense, o noso traballo diario cos distintos componentes das unidades de seguridade cidadá, da comandancia de tráfico, da unidade de dróns e da unidadé cinolóxica que é sempre a que máis lles gusta aos máis pequenos”.

O xefe de Servizo de Pediatría do Hospital Universitario de Ourense, Santiago Fernández Cebrián, desexaba facerlle extensivo o agradecemento á Garda Civil por esta visita xa que “para os nenos que están ingresados é emocionalmente moi importante este tipo de actividades que teñen un componente terapéutico xa que os evade da rutina que provoca a hopitalización”.

 

 

Os rapaces hospitalizados recibiron tamén varios agasallos por parte dos axentes que os visitaron e a mestra de pediatría, Vanessa González Lage, resaltaba que “romper co tedio e a intranquilidade que provoca un ingreso hospitalario tanto nos nenos como nos seus pais e familiares é fundamental; días con estes nun sitio como este agradécense moito”.

Back to top button