Neste 12 de outubro a Garda Civil do Barco de Valdeorras festexa á súa Patroa, a Virxe do Pilar. Ás 12 horas celebraba na igrexa de Santa Rita no Barco unha misa, oficiada polo párroco Jesús Álvarez Álvarez e cantada polo coro de San Mauro.
Entre os asistentes a esta celebración relixiosa estaban o tenente de alcalde e concelleiros do Barco, así como o alcalde de Rubiá, e outros representantes das forzas de seguridade como a Policía Local e a Nacional, e numerosos civís. Antes de comezar a eurcaristía, realizábase unha ofrenda floral no altar.
Fotos: O SIL.