OurenseÚltima hora

A Garda Civil investiga a un condutor que causou 2 sinistros viais, fuxindo do primeiro e cuadriplicando a taxa de alcoholemia

Entre as dúas colisions, que se producían no entorno de Polígono de San Cibrao das Viñas, apenas mediaba 1 km

 

A Garda Civil vén de investigar a un condutor que, segundo informa, causaba dous accidentes de tráfico. Eran dúas colisións entre as que mediaba apenas 1 km. Así, ás 14:20 horas do día 29 de agosto pasado, un vehículo marca BMW chocaba contra outro turismo á altura do vial principal do Polígono de San Cibrao das Viñas, dándose á fuga. Tan só un quilómetro despois, ocasionaba un segundo sinistro ao chocar contra outro vehículo sen que nesta ocasión o seu condutor puidese continuar a marcha.

Á chegada dos axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil, o condutor foi sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado que cuadriplicaba a taxa máxima permitida. A investigación realizada polo Equipo de Investigación de Sinistros Viarios do Subsector de Tráfico de Ourense, en colaboración con o Grupo GIAT, xunto coas declaracións de testemuñas e as visualizacións de cámaras de vixilancia, arroxaron responsabilidade nun delito de condución temeraria e outro de condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas, tipificados nos art. 380 e 379.2 do Código Penal, que carrexarían, respectivamente, penas de prisión de 6 meses a 2 anos e penas de prisión de 3 a 6meses e suspensión do permiso de conducir de 1 a 4 anos, tal e como informa a Garda Civil.

Desde o Subsector de Tráfico de Ourense lembran que o alcol é un dos factores de risco máis frecuentemente implicados nos sinistros viarios, estandopresente entre o 30% e 50% dos siniestrosmortales. “Son moitas as mortes que se poden evitar se todos facemos un consumo responsable do alcol e nunca conducimos baixo os seus efectos”.

Back to top button