SanidadeÚltima hora

A hematóloga Hermitas García falará sobre ictus no “Faladoiro” do 29 de xaneiro en Quiroga

 

Tras o descanso de Nadal o vindeiro mércores, día 29 de xaneiro ás 18:00 h, retómase o Faladoiro no Centro Social. A persoa convidada nesta ocasión é a doutora Hermitas García Quiroga, que centrará a súa conversa no Ictus.

Hermitas García, nacida en Pacios da Serra (Quiroga) é licenciada en medicina e especialista en Hematoloxía e Hemoterapia. Médico de familia, que leva máis de vinte anos exercendo como especialista en hematoloxía, os doce últimos no Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.
Xosé Manuel Fernández, concelleiro de Servizos Sociais, será unha vez máis o moderador da charla na que se coñecerá o que se debe saber sobre o ictus. A través dos coñecementos a doutora ensinará a terlle respecto ao ictus, pero tamén a perderlle o medo.

Os faladoiros desenvólvense os derradeiros mércores de cada mes na Biblioteca do Centro Social. Trátase dun espazo aberto á veciñanza para a socialización, o coñecemento e a participación cidadá, onde tras unha breve presentación da persoa convidada, unha charla co moderador introduce un tema no que os participantes poden intervir con preguntas ou contando as súas propias experiencias.

Artigos relacionados

Back to top button